| Aínda, O Capital |
|
|
|
| Written by Jose Maria Duran | |
|
Finally is there! The Galician edition of Das Kapital neu lesen has been published by Laiovento with two new contributions of the German Marxist philospher Frieder Otto Wolf . As foretaste that is the Galician text on the backof the book. Just enjoy it! Louis Althusser xa advertira que Marx fora un filósofo que recusou escribir “filosofía”, cando menos de forma tradicional. Ao escribir O Capital Marx tería practicado a filosofía que nunca escribiu. Esta práctica está contida no achado teórico de Marx que sería o da teoría da historia e a economía política, a descuberta do capital, que Marx practica sen producir un concepto de seu, novo, nunha obra filosófica rigorosa. Os textos que Aínda, O Capital preséntalle ao lector e a lectora aprofundan nesta descuberta teórica. Unha vez máis na longa historia das diferentes recepcións de O Capital e os escritos que o contornan, Aínda, O Capital pretende ofrecer unha lectura con novos materiais críticos. Non obstante, sería inxenuo pensar que dun tal confronto cos textos de Marx ten de xurdir unha lectura certa e inequívoca que vaia dar resposta a todas as cuestións que o capitalismo suscita. Interpretacións contrapostas de Marx ten habido e, afortunadamente, moitas outras haberá. Aínda, O Capital quere contribuír a isto nun debate galego que está por realizarse. Os seis textos que nel se presentan non son a interpretación certa de Marx. Son unha posibilidade de lelo e reflexionalo.
Your can download the original cover of the book here and also the introduction writen by João Miguel Lombardeiro and José María Durán here.
Índice Introdución J.M. Durán e J.M. Lombardeiro Nota sobre os autores e os textos Nota breve sobre a tradución 1. Reler O Capital hoxe = ler O Capital nunha nova clave. Teses curtas e dogmáticas de como ler O Capital hoxe Frieder Otto Wolf 2. O concepto dos ‘límites da exposición dialéctica’ en Marx Frieder Otto Wolf 3. A muller na cociña e o valor do traballo. A respecto da historia e o posíbel porvir da controversia feminista coa crítica marxiana da economía política Käthe Knittler e Martin Birkner 4. En defensa do traballo de Thomas Hodgskin e a crítica marxiana da economía política Jan Hoff 5. Subxectividade = Fetichismo? A recepción da “crítica do valor” sometida a proba Alexander Gallas Epílogo 6. O que é ‘capitalismo’, que significa estar contra del e que se precisa para acabar con el: algunhas observa- cións co fin de evitar debates improdutivos Frieder Otto Wolf Bibliografía Nota sobre as obras de Marx citadas |




