Entrevista Biosbardia, 24 Novembro 2014

Xosé Mª Durán: “Ciencia e tecnoloxía están determinadas por filosofías que modelan os seus obxectivos”

César Lorenzo Gil.

Xosé María Durán Medraño (Vigo, 1971) é doutor en Historia da Arte e profesor de Historia da Cultura Europea na Universidade Hanns Eisler de Berlín (Alemaña). Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx (editado por Galaxia) obtivo o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2013. Nesta entrevista reflexiona sobre o papel social do traballo artístico, a actualidade dos postulados marxistas, como actualizar conceptos tales como loita de clases e a maneira na que a cultura se converte en mercadoría.

more

Leave A Comment