Entrevista Praza Pública – 20.07.2014

“Cando as desigualdades sociais se acentúan, a conciencia de clase regresa do desterro”

“Cando os seres humanos viran o simple resultado de relacións económicas sobre as que non teñen ningún control, senón que máis ben son controlados por elas, non podemos considerar o resultado das súas actividades como realización da súa natureza. O traballo vira pois un medio de represión”. Con palabras coma estas comeza Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx, o libro co que o profesor José Mª Durán Medraño gañou o premio Ramón Piñeiro 2013. Unha reflexión sobre a emancipación do traballo das condicións de explotación ás que o somete o sistema capitalista de produción. O autor respondeu as nosas preguntas por correo electrónico desde Berlín, onde vive.

Entrevista de Montse Dopico

 

Leave A Comment