Louis Althusser xa advertira que Marx fora un filósofo que recusou escribir “filosofía”, cando menos de forma tradicional. Ao escribir O Capital Marx tería practicado a filosofía que nunca escribiu. Esta práctica está contida no achado teórico de Marx que sería o da teoría da historia e a economía política, a descuberta do capital, que Marx practica sen producir un concepto de seu, novo, nunha obra filosófica rigorosa. Os textos que Aínda, O Capital preséntalle ao lector e a lectora aprofundan nesta descuberta teórica.
Unha vez máis na longa historia das diferentes recepcións de O Capital e os escritos que o contornan, Aínda, O Capital pretende ofrecer unha lectura con novos materiais críticos. Non obstante, sería inxenuo pensar que dun tal confronto cos textos de Marx ten de xurdir unha lectura certa e inequívoca que vaia dar resposta a todas as cuestións que o capitalismo suscita. Interpretacións contrapostas de Marx ten habido e, afortunadamente, moitas outras haberá. Aínda, O Capital quere contribuír a isto nun debate galego que está por realizarse. Os seis textos que nel se presentan non son a interpretación certa de Marx. Son unha posibilidade de lelo e reflexionalo.
Your can download the original cover of the book here and also the introduction writen by João Miguel Lombardeiro and José María Durán here.
Índice
Introdución
J.M. Durán e J.M. Lombardeiro
Nota sobre os autores e os textos
Nota breve sobre a tradución
1. Reler O Capital hoxe = ler O Capital nunha nova clave.
Teses curtas e dogmáticas de como ler O Capital hoxe
Frieder Otto Wolf
2. O concepto dos ‘límites da exposición dialéctica’
en Marx
Frieder Otto Wolf
3. A muller na cociña e o valor do traballo. A respecto da historia e o posíbel porvir da controversia feminista coa crítica marxiana da economía política
Käthe Knittler e Martin Birkner
4. En defensa do traballo de Thomas Hodgskin e a crítica marxiana da economía política
Jan Hoff
5. Subxectividade = Fetichismo? A recepción da “crítica do valor” sometida a proba
Alexander Gallas
Epílogo
6. O que é ‘capitalismo’, que significa estar contra del e
que se precisa para acabar con el: algunhas observa-
cións co fin de evitar debates improdutivos
Frieder Otto Wolf
Bibliografía
Nota sobre as obras de Marx citadas